Mellora o Tradutor
Axuda a mellorar o Tradutor de Google para os idiomas que falas. Colabora coa Comunidade do Tradutor para axudar aos usuarios de todo o mundo a comprender o teu idioma un pouco mellor.
Completa o espazo en branco ou escolle entre múltiples opcións
Nós mostrámosche unha frase e ti escribes unha tradución. Ou ben se prefires simplemente facer clic ou tocar, mostrarémosche as posibles traducións e indicarasnos se son correctas ou erróneas.
Obtén recoñecemento e gaña insignias
Colaborador, Club de 100 e moitas insignias máis: cada vez que axudas estás máis preto da seguinte insignia.
Dálle vida aos idiomas
A Comunidade do Tradutor é unha parte esencial do noso proceso destinado a engadir novos idiomas ao Tradutor de Google. Se falas un idioma no que esteamos traballando, podes axudarnos a engadilo.