Hemoglobina

proteína das células vermellas dos vertebrados que transporta osíxeno aos tecidos

A hemoglobina (Hb) é unha heteroproteína do sangue, de peso molecular 64.000 (64 kD), de cor vermella característica, que transporta o osíxeno dende os órganos respiratorios até os tecidos, en mamíferos, ovíparos e outros animais.

Hemoglobina
(heterotetrámero, (αβ)2)
Estrutura da hemoglobina humana. Subunidades α e β en vermello e azul, respectivamente, e os grupos hemo que conteñen ferro en verde. De PDB 1GZX Proteopedia Hemoglobin
Tipo de proteína metaloproteína, globulina
Función transporte de oxíxeno
Cofactor(es) hemo (4)
Nome da subunidade Xene Locus cromosómico
Hb-α1 HBA1 Cr. 16 p13.3
Hb-α2 HBA2 Cr. 16 p13.3
Hb-β HBB Cr. 11 p15.5

Fórmana catro cadeas polipeptídicas (globinas) a cada unha das cales se une un grupo hemo, cuxo átomo de ferro é capaz de unirse de xeito reversíbel ao osíxeno. O grupo hemo fórmase por:

  1. Unión do succinil-CoA (formado en ciclo de Krebs ou ciclo do ácido cítrico) a un aminoácido glicina formando un grupo pirrol.
  2. Catro grupos pirrol únense formando a Protoporfirina IX.
  3. A protoporfirina IX únese a unha molécula de ferro ferroso (Fe2+) formando o grupo hemo.
Grupo Hemo

Cando a hemoglobina está unida ao osíxeno, denomínase oxihemoglobina ou hemoglobina osixenada, dando o aspecto rubio ou escarlata intenso característico do sangue arterial. Cando perde o osíxeno, denomínase hemoglobina reducida, e presenta a cor vermella escura (cianose).

  • Reacción paso a paso:
  • Reacción total:

Tipos de hemoglobina editar

 
Hemoglobina
hemoglobina, alpha 1
Identificadores
Símbolo HBA1
Entrez 3039
HUGO 4823
OMIM

141800

RefSeq NM_000558
UniProt P69905
Outros datos
Locus Cr. 16 p13.3
hemoglobina, alpha 2
Identificadores
Símbolo ?
Entrez 3040
HUGO 4824
OMIM

141850

RefSeq NM_000517
UniProt P69905
Outros datos
Locus Cr. 16 p13.3
hemoglobina, beta
Identificadores
Símbolo HBB
Entrez 3043
HUGO 4827
OMIM

141900

RefSeq NM_000518
UniProt P68871
Outros datos
Locus Cr. 11 p15.5

Tamén hai hemoglobinas embrionarias (HbE) dos tipos: Gower 1, Gower 2 e Portland I e II. Estas só están presentes no embrión.

Son valores de referencia: Para homes: 18,0 ± 2,0. Para mulleres: 16,0 ± 2,0.

Véxase tamén editar