Harry Potter and the Cursed Child

Harry Potter and the Cursed Child é unha obra de teatro en dúas partes escrita por Jack Thorne e baseada nunha historia orixinal de Thorne, J. K. Rowling e John Tiffany.[1] As representacións preliminares da obra comezaron no Palace Theatre, Londres o 7 de xuño de 2016,[2] e foi estreada oficialmente o 30 de xullo de 2016. Como a primeira nova historia en máis dunha década sobre o mundo de Harry Potter, a publicación do guión, que non foi unha novelización da obra,[3] foi publicada o 18 de novembro de 2015 e converteuse na oitava historia oficial de Harry Potter. A obra está ambientada no ano 2020, pero comeza no 2017.[4] A historia comeza dezanove anos despois dos eventos de Harry Potter e as reliquias da morte e conta a historia de Harry Potter, agora empregado do Ministerio de Maxia, e o seu fillo máis novo Albus Severus Potter, que desencadea unha serie de acontecementos escuros.

Notas editar

  1. "Harry Potter and the Cursed Child". Harry Potter The Play. harrypottertheplaylondon.com. 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2015. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  2. Lyall, Sarah (7 de xuño de 2016). "'Harry Potter and the Cursed Child' Begins Previews in London, as Magic Continues". The New York Times. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  3. Grice, Elizabeth (21 de xullo de 2016). "Harry Potter and the Cursed Child exclusive cast interview: 'Being a wizard is the best job ever'". The Telegraph (Londres). Consultado o 21 de xullo de 2016. 
  4. "Pottermore – How to pre-order Cursed Child Parts I & II". Pottermore. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 24 de maio de 2016.