Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
estar verbo intransitivo1 [Algo, alguén] encontrarse nun determinado lugar, situación, circunstancia etc., que se expresa. Dixéronme que estaba enfermo. Está en Vigo. Están de visita. Estaba distraído. Está de malas.2 [Algo] resultar dunha determinada maneira que se expresa. Estache moi ben esa saia. SINÓNIMO sentar O pantalón estalle un pouco longo, pero pódeselle coller. SINÓNIMO quedar3 [Algo] atoparse finalizado, listo ou no seu remate, despois dun proceso. Xa está, podedes probar. Está o xantar? Ala!, isto xa está.4 [Tempo] ser propio da época que se expresa. Está un día de inverno.5 [Vento] vir da dirección que se indica. Abrígate que está do nordés e vai frío. FRASES E EXPRESIÓNS CON estar Estar a Ter un determinado prezo. A pescada está a doce euros o quilo. A como están os pementos? Atoparse nunha data determinada. Estamos a dez de marzo. Estamos a venres. Estar a ben [Dúas ou máis persoas] levárense ben. Gústalle estar a ben con todos. Estar a chegar Estar a piques de chegar. Os nenos están a chegar da escola. SINÓNIMO estar a vir Estar a + inf 1 Expresa que a acción indicada polo segundo verbo ten lugar no momento do que se fala. Quen é o que está a berrar? SINÓNIMO estar + xer 2 Expresa que a acción indicada polo infinitivo está a piques de suceder. Bulide, que o tren está a chegar. SINÓNIMO estar para + inf Estar a mal [Dúas ou máis persoas] levárense mal. Está a mal coa familia. Estar a velas vir VÉXASE ver Estar a vir Estar a chegar. Bule que está a vir o autobús. Estar (me, lle...) ben [Alguén] merecer o que lle pasa. Estívoche ben!, non foras. Estar de máisSobrar Esas palabras están de máis. Estar de malas VÉXASE malo Estar de parte de Ser partidario de, estar a favor de. Está de parte dos perdedores. Estar doente por Estar impaciente por, non aturar as ganas de. Está doente por acabar ese traballo. Estar en todo Pensar en moitas cousas á vez, sen esquecerse de nada. Sempre está en todo, nunca esquece nin un detalle. Estar na horta VÉXASE horta Estar na pel (de alguén) VÉXASE pel Estar nas nubes VÉXASE nube Estar nas verzas VÉXASE verza Estar no certo VÉXASE certo Estar (algo) por + inf Atoparse aínda sen realizar [o expresado polo infinitivo]. O bolo de pan está por encetar. Estar (alguén) por + inf Ser partidario de [aquilo que indica o infinitivo]. Eu estou por facelo sen consultarllo. Estou por irme e non perder máis tempo esperándoo. Estar para + inf Expresa que a acción indicada polo infinitivo está a piques de suceder. Agárdame un momento que a reunión xa está para rematar. SINÓNIMO estar a + inf Estar + xer Estar a + inf. O neno estaba xogando. Xa estás (ti), xa está (ese), xa estades (vós)... Inicia construcións nas que se pon de manifesto o fastío que produce alguén ou algo que comeza de novo a importunar. Xa estás ti?, non podes parar quieto? Xa está ese outra vez!, que pesado! /pc/verbos/estar.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: