Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
ser2 substantivo masculino1 Todo aquilo que ten existencia no Universo, especialmente o que está dotado de vida. Os seres vivos.2Persoa Pensaba nos meus seres queridos.3 Esencia ou natureza interior propia dunha persoa ou cousa. Sentiuse ferido no máis fondo do seu ser. FRASES E EXPRESIÓNS CON ser Ser humanoPersoa Nas súas novelas trata problemas universais do ser humano. ser1 verbo intransitivo1 Ter existencia ou realidade. Ser ou non ser. Era unha vez un país…. CONFRÓNTESE existir, haber12 [Feito] ter lugar. Todos estaban ás portas agardando a ver que fora. SINÓNIMOS ocorrer, pasar1, suceder3 Serve de cópula entre o suxeito e o atributo. Esta árbore é dereita coma un fuso. O que dis é mentira. Sempre foi unha persoa responsable.4 Seguido da preposición de pode significar: formar parte de, pertencer a, ser natural ou propio de. Manolo é da tripulación do pesqueiro Riobao. Esta casa é de meu curmán. O novo veciño é de Ribadavia.5 Estar feito de algo ou con algo. O moble da sala é de nogueira. A empanada é de bacallau.6 Indica o tipo de parentesco que unha persoa ten con outra. Que es del? Sonlle curmán.7 Expresa a pertenza a unha determinada familia. De quen é este rapaz? Éche de Antón. FRASES E EXPRESIÓNS CON ser A non ser Indica a exclusión, en canto á participación na acción expresada polo verbo, do termo que segue. Bebían todos, a non ser un que case non se tiña de pé. A non ser que 1 Indica exclusión. Ti leva este paxe, a non ser que prefiras estoutro de vergas. 2 Introduce unha condición. Acaba axiña, a non ser que queiras que te mande para outro sitio. Non sendo A non ser. Non sendo este, os demais son parentes. Non vaia ser que Expresión que indica que algo se fai por precaución polo que poida pasar. Vai coller a roupa, non vaia ser que chova. Ou sexa Expresión que indica que o que vén despois é unha aclaración do que se dixo antes. Subliña as sílabas tónicas, ou sexa, as que levan acento. Ser + a + infinitivo Perífrase verbal de valor resultativo. Todos eran a preguntarme que pasara. Ser de poucas falas VÉXASE fala Ser + participio Perífrase verbal pasiva en que o participio funciona como atributo e o suxeito aparece como paciente da acción verbal. Os presos foron xulgados polo tribunal. OBSERVACIÓNS: Esta construción é pouco común na lingua literaria e menos aínda na lingua falada, pois o normal é presentar o suxeito como axente da acción verbal: O tribunal xulgou os presos /pc/verbos/ser.html
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: