Pirámide de necesidades de Maslow

A pirámide de necesidades de Maslow é unha representación gráfica en forma de pirámide das necesidades humanas deseñada polo psicólogo estadounidense Abraham Maslow no seu traballo A Theory of Human Motivation (1943). Segundo a súa teoría as necesidades humanas deben ser atendidas desde a base da pirámide, onde residen as necesidades fisiolóxicas, para poder chegar á cima da pirámide, onde está a autorrealización.

1: necesidades fisiolóxicas.
2: necesidades de seguridade.
3: necesidades sociais.
4: necesidades de estima.
5: autorrealización.

Ademais, a xerarquía de necesidades emprégase para estudar de que maneira os seres humanos toman parte intrinsecamente na motivación comportamental. Maslow empregou os termos «fisiolóxico», «seguranza», «pertenza e amor», «necesidades sociais» ou «estima», «auto-realización» e «transcendencia» para describir o patrón a través do cal se moven por vía de regra as necesidades e motivacións humanas. Isto significa que, segundo a teoría, para que apareza a motivación nun individuo na etapa seguinte, teñen que estar xa satisfeitas todas as etapas anteriores. A teoría foi utilizada para explicar como se relacionan o esforzo e a motivación no contexto do comportamento humano. Cada un destes niveis individuais conteñen unha determinada cantidade de sensación interna que hai que satisfacer para que o individuo complete a súa xerarquía.[1] O obxectivo da xerarquía de Maslow consiste en atinxir o nivel ou etapa de auto-realización.

Aínda que de amplo uso e con abundante investigación, a xerarquía de necesidades de Maslow carece de probas concluíntes que a apoien e a súa validez continúa a ser discutida nos medios académicos. Unha das críticas da teoría orixinal, revisada en versións posteriores, é que a xerarquía orixinal que hai que satisfacer completamente un nivel inferior antes de progresar a un obxectivo superior; existen probas que suxiren que os niveis se sobrepoñen uns a outros.

Necesidades fisiolóxicas editar

No nivel inferior da pirámide residen as necesidades básicas como a inxesta de alimentos, auga e aire, pero tamén a necesidade de durmir, o movemento físico, a excreción e o sexo, entendido como reprodución non como un pracer. En resumo, a necesidade de manter e defender o organismo humano. Só cando esas necesidades están satisfeitos, as necesidades pasan ó nivel seguinte. Se hai fame ou sede, non se pensa en máis nada.

Necesidades de seguridade editar

O seguinte nivel inclúe as necesidades emocionais como seguridade, estabilidade, orde, protección. Só cando as necesidades de primeiro e segundo nivel son satisfactorias, hai interese por pasar ó nivel seguinte.

Necesidades sociais editar

Atópanse aquí as necesidades sociais da comunidade, o amor, a amizade. É tamén a importancia de sentirse aceptado polo contorno, familia, veciños e compañeiros de traballo, e mais tamén como un cidadán na súa comunidade.

Necesidades de estima editar

Neste nivel sitúanse as necesidades de estima, respecto propio, confianza, habilidades, recoñecemento, status e dignidade. Estas necesidades son importantes, pero só cando as necesidades dos tres niveis inferiores están satisfeitas.

Autorrealización editar

Ó nivel superior acceden só as persoas que cumpriran as necesidades dos catro niveis anteriores, a xente con traballo creativo, que procura retos e que teñen un desexo de desenvolver e empregar as súas habilidades.

Historia editar

A xerarquía de necesidades de Maslow foi creando segundo Maslow "estudaba e observaba mono [...] fixándose no seu patrón de comportamento infrecuente que xestionaba as prioridades baseándose en necesidades individuais".[2]

Algúns académicos indíxenas teñen especulado que as súas teorías, incluída a da xerarquía, poden ter sido influenciadas polas ensinanzas e filosofía da tribo dos pés negros, coa que pasou varias semanas realizando traballo de campo en 1938.[3][4] Aínda que esta idea atraeu a atención pública, non existen probas que suxerisen que Maslow tomase prestadas ou roubase ideas para a súa xerarquía de necesidades, que acabou publicando en 1943.[5][6]

A idea de Maslow foi descrita en maior profundidade no seu libro de 1954 Motivation and Personality.[7]

No momento da súa publicación orixinal en 1943 non existían probas empíricas que apoiasen a teoría.[8][9]

Crítica editar

A xerarquía de necesidades de Maslow ten unha ampla influencia fóra dos medios académicos, posibelmente porque explica cousas "que a maioría das persoas recoñecen inmediatamente nelas mesmas e noutras".[10] Con todo, as ideas de Maslow son moi contestadas. Aínda que a investigación recente pareza validar a existencia de necesidades humanas universais, así como unha ordenación compartida da maneira na que as persoas procuran e satisfacen as necesidades, a xerarquía exacta proposta por Maslow é posta en dúbida.[11][12] A crítida máis estendida é a expectativa de que individuos diferentes, de procedencias semellantes e circunstancias semellantes nas súas vidas respectivas, cando se enfrontan á mesma situación deberían acabar por tomar a mesma decisión. No canto disto, obsérvase polo xeral que as persoas están dirixidas por un conxunto exclusivo de motiviacións e que non resulta posíbel predicir con confianza seu coportamento a partir dos principios de Maslow.

Outra crítica é que que se suba pola pirámida, sendo que a maior parte do tempo as persoas suben e baixan por ela.

Metodoloxía editar

Maslow estudou persoas como Albert Einstein, Jane Addams, Eleanor Roosevelt e Baruch Spinoza no canto de estudar individuos con doenzas mentais ou neuróticas, afirmando que "o estudo de espécimes tolleitos, impedidos ou doentes só pode producir unha psicoloxía tolleita e unha filosofía impedida".[13][14](pp200)

Notas editar

  1. Deckers, Lambert (2018). Motivation: Biological, Psychological, and Environmental. Routledge Press. ISBN 9781138036338. 
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :1
  3. Taylor, Steve (March 22, 2019). "Original Influences |". Psychology Today (en inglés). Arquivado dende o orixinal (Blog) o March 13, 2023. Consultado o August 21, 2021. There is even the possibility—put forward by some Indigenous academics such as Professor Cindy Blackstock and Leroy Little Bear—that Maslow’s exposure to Blackfoot culture was instrumental in his formation of the "hierarchy of needs" model, which he first presented in 1943.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  4. Dames, Shannon (December 9, 2021). Root Strength E-Book: A Health and Care Professionals Guide to Minimizing Stress and Maximizing Thriving. Elsevier Health Sciences. p. 42. ISBN 978-0-323-77870-1. The Maslow/Blackfoot controversy illustrates the foundational difference between two frameworks that look similar, but in principle are quite different. Some historical researchers, such as Ryan Heavy Head, speculate that Maslow's hierarchy of needs is largely informed by the Blackfoot (Siksika) Nation he visited in 1938 
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Kaufman2019
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Bridgman2019
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Maslow, A. 19542
  8. Bouzenita, Anke Iman; Boulanouar, Aisha Wood (2016). "Maslow's hierarchy of needs: An Islamic critique". Intellectual Discourse 24. 
  9. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  10. Abulof, Uriel (December 1, 2017). "Introduction: Why We Need Maslow in the Twenty-First Century". Society (en inglés) 54 (6): 508–509. ISSN 0147-2011. doi:10.1007/s12115-017-0198-6.  Parámetro descoñecido |doi-access= ignorado (Axuda)
  11. Villarica, H. (August 17, 2011). "Maslow 2.0: A new and improved recipe for happiness". The Atlantic. Arquivado dende o orixinal o November 21, 2011. Consultado o March 9, 2017.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  12. Tay, L.; Diener, E. (2011). "Needs and subjective well-being around the world". Journal of Personality and Social Psychology 101 (2): 354–365. PMID 21688922. doi:10.1037/a0023779. 
  13. Mittelman, Willard (1991). "Maslow's Study of Self-Actualization: A Reinterpretation". Journal of Humanistic Psychology 31 (1): 114–135. doi:10.1177/0022167891311010.  Parámetro descoñecido |s2cid= ignorado (Axuda)
  14. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Maslow, A. 1954