Voluntariado

Cales son os nosos proxectos?

Podes tamén participar en actividades de VOLUNTARIADO AMBIENTAL.

Na Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia, defínese o concepto de acción voluntaria a realizada por persoas físicas como resultado da súa participación social organizada no desenvolvemento de actividades de interese xeral a través de entidades de acción voluntaria, sempre que reúnan as seguintes condicións:

a) Que se trate dunha decisión libremente adoptada e non traia causa dunha obriga ou dun deber xurídico.

b) Que se execute fóra do ámbito laboral, profesional, funcionarial ou mercantil ou de calquera outro tipo de relación retribuída.

c) Que a acción voluntaria se leve a acabo sen contraprestación económica, sen prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos que esta acción poida ocasionar ou dos recoñecementos que correspondan.

d) Que se leve a efecto en función de programas concretos, xa sexan promovidos por calquera das entidades de acción voluntaria ou polas administracións públicas de Galicia.

Programa de TV "Botando unha man" (programa 17. 05/06/2019)

Guía de recursos  da cidade da Coruña

Guía de recursos da comarca de Ferrol